TALLER DE DEBATE en relación á: PROPOSTA DE REGULAMENTO DO PARLAMENTO EUROPEO POLO QUE SE MODIFICA O REGULAMENTO (CE) n 1224/2009 (Abril 2014)

Temos enriba da mesa, Administración e Sector pesqueiro, unha proposta de modificación do regulamento de control que xa ten un percorrido de 5 anos dende a súa entrada en vigor.

Dende a Comisión Europea se ten trasladado unha proposta de modificación de varios regulamentos comunitarios, entre os que se atopa o devandito regulamento, básico en relación á actividade pesqueira que se desenrola en augas comunitarias.

Cremos que o prazo de audiencia aberto para alegacións por de Administracións, Sector e Grupos de Interese é unha oportunidade para ir máis alá da proposta que se nos fai chegar, e tamén é unha oportunidade para tentar adaptar a propostas que plantea implementar a administración comunitaria en relación á prohibición dos descartes, as especificidades da flota española, tentando ir máis alá de normas xeralistas e buscando unha adaptación das normas as distintas realidades que existen na pesca.

Esta proposta estase a debater nas reunións do Grupo de Política de Pesca do Consello da UE, e cremos dende a FREMSS interesante aportar tamén as nosas observacións tanto á Comisión como á Administración galega e española a efectos de conseguir que en trámite de audiencia dito texto poda ser enriquecido coas aportacións dos administrados.

A tal fin estimamos que un taller aberto á participación de Asociacións, patróns, armadores e Administración, pode ser unha moi boa base para marcar a posición desta Fundación ao respecto, e aportar as diferentes administracións alternativas dende o debate e o coñecemento directo que nos poden aportar as persoas que participen neste taller, non só dende a mesa, senón tamén dende o público participante.

Trátase non tanto de expor unha ponencia, senón que cada un dos participantes na mesa taller exporá o seu punto de vista sobre á proposta de modificación do devandito documento, e no seu caso as consideracións que estima necesario aportar para conquerir unha mellora da proposta remitida pola Comisión e no seu caso plantexar propostas de modificación non contempladas no borrador inicial remitido que porían ser útiles para unha maior adecuación da norma á realidade da actividade pesqueira.

Participan 6 persoas e unha coordinadora-moderadora (dous representantes das Admininistracións, dous patróns de pesca (tamén armadores), dous representantes das Asociacións); durante 15 minutos como máximo cada un dos membros da mesa exporá o que considere e estime importante apuntar, polo que ás 12,30 ou antes se se ten rematado antes, iniciarase xa un debate entre os membros da mesa cunha duración máxima de 30 minutos. Tras este debate abrirase unha quenda de preguntas entre o público cunha duración máxima doutros 30 minutos.

As conclusións serán elaboradas pola FREMSS e servirán de base para as alegacións a presentar, aportándose tamén ás diferentes Administracións para no seu caso a súa toma en consideración.

  • COORDINADORA-MODERADORA: MARÍA CAYETANA LADO CASTRO-RIAL (Licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña, cursou estudos de especialización sobre a Unión Europea, Letrada da Comunidade de Madrid, Avogada do Estado, ex Directora da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia e actualmente socia do despacho de avogados MARIMÓN AVOGADOS, con sede en Madrid) 
  • REPRESENTANTE DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA DE GALICIA (por determinar) 
  • REPRESENTANTE DA SECRETARIA XERAL DE PESCA (por determinar) 
  • REPRESENTANTE DE ASOCIACIONS DE ARMADORES DE GRAN SOL: (por determinar) 
  • Xerente Adxunto ARVI Cooperativa de Armadores Pesca 
  • REPRESENTANTE DE FLOTA DO CANTÁBRICO-NOROESTE: Torcuato Teixeira Valoria (Avogado especialista en dereito pesqueiro, Secretario Xeral da OPP 31 PESCAGALICIA e Secretario da fundación FREMSS.) 
  • DOUS PATRÓNS DE PESCA (Patróns que reúnen tamén a calidade de armadores, posiblemente Xavier Sar, patrón e armador de arrastre de litoral, e Genaro patrón e armador de buque de volanta do cantábrico)