Reunión del Patronato de FREMSS (Julio 2014)

No día de hoxe tense reunido o Padroado da FUNDACIÓN RENDEMENTO ECONÓMICO MÍNIMO SOSTIBLE E  SOCIAL  para valorar este primeiro ano de funcionamento da Fundación, dar conta das actividades realizadas no ano 2013, aprobar as súas contas e programar as actividades que se van desenrolar durante este ano 2014.

O padroado entende que a Fundación esta cumprindo a importante labor de amosar a importancia da pesca na sociedade e na economía galega, tentando rachar certos tópicos medioambentais existentes ao redor da pesca galega  tanto na sociedade como nas Institucións, demostrando que somos unha actividade sostible dende  un punto de vista medioambiental, económico e social, e a este respecto valorouse positivamente o CONGRESO CELEBRADO EN NOVEMBRO EN A CORUÑA SOBRE A SOSTIBILIDADE  SOCIAL  E  ECONÓMICA DO SECTOR  PESQUEIRO, porque divulgou e promoveu os aspectos social e económicos da actividade pesqueira, os grandes esquecidos nas políticas pesqueiras comunitarias.

Valorouse especialmente os contactos mantidos a nivel Europeo, con Institucións como a Comisión de Pesca, o Parlamento Europeo e o CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL EUROPEO onde dita Fundación foi presentada nunha sesión da Comisión de Pesca, e onde se  puxo o énfases en que as políticas europeas deben gardar o necesario equilibrio entres os tres aspectos que deben presidir a política pesqueira, O BIOLÓXICO O ECONÓMICO E O SOCIAL.

Como actividades destacadas para este ano 2014 aprobouse levar a cabo en Setembro un seminario PESCA  MARIÑA E BIOLOXÍA, un seminario de acercamento dos científicos ao sector e do sector os científicos;  en novembro o II CONGRESO SOBRE A SOSTIBILIDADE SOCIAL E ECONÓMICA DO SECTOR PESQUEIRO; e solicitar unha reunión cos principais responsables da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo e a nova Comisaria de Pesca para explicarlles a visión que ten o sector de cómo  se deben facer as políticas pesqueiras para garantir tanto a supervivencia das empresas como dos recursos mariños.

Acordouse  tamén cara a divulgar os aspectos sociais e económicos da pesca solicitar do Goberno Español que a Fundación sexa proposta para formar parte do CESE  ao entender de vital importancia que se escoite en este importante órgano Consultor a voz da Fundación.

Por último e cara a integrar outras flotas e Asociacións de ámbito nacional, e con importante presenza internacional, tense acordado a integración no padroado da ASOCIACIÓN PESQUEIRA AGARBA (Asociación Nacional de Buques de Pesca de Bacalao), asociación cuxos buques realizan unha pesquería sostible certificada por MSC, e que está ademais integrada na Cooperativa de Armadores de Vigo.