Reunión del Comité Científico de FREMSS (Febrero 2014)
No día de hoxe, e baixo a dirección do Reitor da Universidade da Coruña, tense reunido o COMITÉ CIENTÍFICO DA FREMSS (FUNDACION RENDEMENTO ECONÓMICO MÍNIMO SOSTIBLE E SOCIAL), na que teñen participado diferentes especialistas e membros do sector pesqueiro.
Este Comité que ten como función asesorar á FREMSS, Fundación da que forman parte entre outras Institucións, a Universidade da Coruña a través do seu Reitor don Xosé Luís Amesto, o Concello da Coruña a través do su alcalde don Carlos Negreira, a Consellería de Medio Rural e Medio Mariño a través da Conselleira Rosa Quintana, e a Autoridade Portuaria da Coruña, a través do seu Presidente don Enrique Losada, ten acordado na reunión mantida no día de hoxe na seda da Lonxa Coruñesa, as seguintes actuacións a levar a cabo dende a Fundación coa colaboración de diferentes organismos e Institucións:
- Por en marcha no 2014 en colaboración co IEO , o CETMAR, a Universidade de Coruña e a asociación de armadores de arrastre do cantábrico, maioritaria no Cantábrico con máis de 22 buques asociados, PESCAGALICIA-ARPEGA-OBARCO, UN ESTUDO PARA A REVISIÓN DA VEDA PARA PROTECCIÓN DE XUVENIS DE CORUÑA-CEDEIRA, en vigor dende o ano 2001, para adáptala a realidade biolóxica dos recursos.
- Realizar un estudo sobre o actual réxime xurídico sancionador relacionado coa actividade pesqueira en concreto no Real Decreto 747/2008, de 9 de maio polo que se establece o Regulamento do réxime sancionador en materia de pesca marítima en augas exteriores, e no Real Decreto 176/2003, de 14 de febreiro polo que se regula o exercicio das funcións de control e inspección das actividades de pesca marítima, en relación a súa adaptación á normativa internacional.
- Realización de un estudio técnico-económico sobre o tratamento dos descartes e a súa posible valorización na flota de Gran Sol.
- Realización dun OBRADOIRO, coordinado polo Catedrático de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais, coa participación de representantes das Administracións, patróns de pesca e representantes do sector, sobre a PROPOSTA DE REGULAMENTO DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO PARA MODIFICACIÓN DE DIFERENTES REGULAMENTOS, ESPECÍFICAMENTE SOBRE MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO DE CONTROL 1224/2009, regulamento de control que necesita ser adaptado a realidade que tenta xestionar, especificamente en relación coa flota que faena no Cantábrico, á que se lle aplican disposicións incompatibles en moitas ocasións co normal funcionamento da actividade pesqueira.
- A preparación por parte de FREMSS da posta en marcha no mes de novembro do II CONGRESO DE SOSTIBILIDADE SOCIAL E ECONÓMICA DO SECTOR PESQUEIRO, que xirará en relación o equilibrio social e económico en relación o biolóxico das políticas e actuacións en materia de xestión pesquera, e dedicando unha mesa específica a RELACIÓN MEDIOS DE COMUNICACIÓN E SECTOR PESQUEIRO, A PESCA E O SEU REFLEXO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN PÚBLICA.
- Propor a realización por parte da UNIVERSIDADE INTERNACIONAL MENÉNDEZ PELAYO dun curso específico relacionado co sector pesqueiro que xirará en torno ÓS MODELOS DE XESTIÓNS DA PESCA DENDE UNHA PERSPECTIVA SOCIAL E ECONÓMICA.
- Estudio sobre a posta en marcha dun Observatorio de Pesca no porto da Coruña para recopilar datos socioeconómicos do sector pesqueiro, dende o sector extractivo ao sector comercializador.
En definitiva tense acordado promover e levar a cabo diferentes iniciativas que vaian encamiñadas a promover o mantemento da actividade pesqueira e a mellora da xestión da pesca en diferentes ámbitos, dende o convencemento que temos na FREMSS que a pesca ten FUTURO, pero temos que ganalo pulso a pulso, coa colaboración institucional e social de todos os que podan aportar algo a este sector que está en condicións de seguir sendo fonte de riqueza e de traballo, dende una economía real e nos de ficción como a que nos levou a crises actual.