Presentación de FREMSS ante el Comité Económico y Social, la D.G. Mare y la Comisión de Pesca de la U.E. (Abril 2014)

Dentro da programación de actividades para o 2014 da Fundación FREMSS, mañá 1 de abril, membros desta Fundación acompañados por representantes+ das administracións autonómica e estatal entre os que se atopan a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e mailo secretario general de Pesca do MAGRAMA, Carlos Domínguez, reuniranse en Bruxelas coa Directora Xeral da DG Mare da Comisión de Pesca, Lowri Evans; con membros do CESE (Comité Social Económico Europeo) e co Presidente da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Gabriel Mato, que estará acompañado da eurodeputada Carmen Fraga.

Dende FREMSS consideramos esencial manter estas reunións coa Comisión de Pesca, o CESE e o Parlamento Europeo, pois somos conscientes de que son axentes fundamentais á hora de elaborar e realizar a política pesqueira da UE.

A Fundación é consciente de que as principais decisións que afectan á pesca galega se adoptan en sede comunitaria. Tanto o Parlamento Europeo como a Comisión de Pesca, xunto co labor asesor do CESE, son axentes fundamentais nas decisións que se adoptan en materia de política pesqueira comunitaria que tanto afectan directamente despois a todo o sector pesqueiro. Por iso consideramos moi relevante a axenda de traballo que manteremos en Bruxelas cos distintos representantes.

Máis aló de presentar a Fundación e os seus obxectivos, esta primeira toma de contacto servirá para sentar as bases ante a UE de cal vai ser a nosa orientación e finalidade principal ante as institucións que a integran.

Dende a Fundación consideramos fundamental que o sector teña voz e presenza en Bruxelas. Cremos indispensable que tanto sector pesqueiro como Administración deben ir sempre no mesmo barco e navegar aproveitando o mesmo vento confluíndo canda un -dende o seu ámbito- nun só obxectivo, o de consolidar un sector estratéxico para Galicia e especificamente para A Coruña como é o sector pesqueiro.

Para iso, os represenantes de FREMSS defenderán ante as instancias comunitarias e o Parlamento Europeo, que a nova POLÍTICA PESQUEIRA COMÚN debe xirar -dentro do marco regulamentario aprobado- cara un reequilibiro entre o biolóxico, o social e o económico.

Esencialmente poremos enriba da mesa estas dúas premisas fundamentais, guía das actuacións da FREMSS:

  • DEFENDEMOS UNHA PESCA RESPONSABLE, ENTENDENDO POR PESCA RESPONSABLE AQUELA QUE É BIOLÓXICAMENTE SUSTENTABLE, ECONÓMICAMENTE VIABLE E SOCIALMENTE ACEPTABLE. 
  • DEFENDEMOS QUE O SECTOR PESQUEIRO TEÑA TAMÉN UNHA LIÑA ROXA QUE NON SE POIDA SOBREPASAR XA QUE  SOBREPASALA PON EN PERIGO A VIABILIADE ECONÓMICA DAS EMPRESAS ARMADORAS E EN PERIGO OS POSTOS DE TRABALLO